miércoles, 7 de diciembre de 2011

Demografía

1. Vai ó Atlas comarcal de Galicia, para traballar sobre dous dos temas que ofrece: poboación e movemento natural de poboación.


¿Qué pasa coa pirámide galega do 1998 ó 2009?
Homes na pirámide de 1998 e na  de 2009  seguen tendo a esperanza de vida, moito menor que a das mulleres xa que como se pode ver no cumio da pirámide hai moitas máis mulleres de 85 e máis anos ca homes mentras que na base nacen case o mesmo número de homes que mulleres.
Compara as pirámides da Mariña Occidental, Os Ancares e A Coruña para sacar conclusión:
 Mariña occidental
Na pirámide da mariña occidental os homes teñen a esperanza de vida, moito menor que a das mulleres xa que estas teñen a esperanza de vida moito mallor porque cando chegan os 85 anos  hai moitas máis mulleres  ca homes mentras que na base nacen case o mesmo número de homes que mulleres.

Os Ancares
 Nos ancares nacen poucos nenos e a poboación está moito mais envellecida tanto en homes coma en mulleres.

A Coruña
Hai moita xente nova e cando chegamos os 65-69 a poboación vai diminuído tanto nos homes coma nas mulleres ainda que son estas as que teñen unha esperanza de vida mais longa.

Compara o índice de envellecemento desas mesmas comarcas e saca conclusión:
Nos ancares hai moita máis poboación envellecida xa que a xente maior segue vivindo nas cidades e polo tanto na Coruña e na Mariña occidental o envellentamento e moito menor.

En movemento natural de poboacións. Fai o mesmo coas taxas de mortalidade e natalidade.

Mariña occidental:
  • Natalidade baixa a taxa bruta e de 5.8
  • Moratalidade alta a súa taxa bruta e de 11.5
Os ancares:
  • Natalidade moi baixa a taxa bruta e de 3.4
  • Mortalidade moi alta a taxa bruta e de 16.5


A Coruña:
  • Natalidade taxa bruta e de 7.4
  •  Mortalidade taxa bruta e de 8.8
Nos Ancares hai unha alta poboación envellencida, cousa que na Mariña Occidental e na Coruña non é tan elevada. Cabe destacar que a esperanza de vida é máis elevada nas mulleres ca nos homes (nos tres lugares). A natalidade na Coruña é algo máis elevada que na Mariña Occidental, nos Ancares é moi baixa.
No caso dos Ancares o índice de mortalidade é moi elevado, debido ao avellentamento da poboación producido polo éxodo rural (emigración normalmente de xente nova que deixan o campo para irse a cidade) e a natalidade é moi baixa polo mesmo motivo. Na mariña occidental a barra da mortalidade supera a da natalidade pero non dunha maneira tan esaxerada como o dos Ancares. Na Coruña, ao ser unha cidade das máis importantes e poboadas de Galicia o índice de natalidade e mortalidade estan prácticamente igualados, debido ao alto número de habitantes que posee e as infraestructuras que axudan a que esto sea así.

3.- Esta páxina do Atlas 2009,elaborado por Caixanova, presenta todas estas pirámides de poboación.
- Indica dúas diferencias entre a de España e a de Galicia
Na base da pirámide podemos apreciar que existen moitos máis nacementos en España que Galicia mentres que no cumio da pirámide e o revés hai moita máis xente maior (máis mulleres que homes) en Galicia en comparición coa piramide de España.
- O baby boom tivo lugar nos anos 60.
 ¿Qué idades teñen no 2009 os nacidos nesas datas? A idade que terán estas persoas abarcará dos 49 os 59.
¿Nótase o crecemento nas pirámides?
Nas idades que se corresponden cos anos 60 vemos que existe

- Sinala 5 diferencias entre as priámides provinciais.
Na Coruña e en Pontevedra nace moita máis xente en comparación a Lugo e Ourense; en Lugo e Ourense podemos observar que hai máis poboación envellecida (sobre todo mulleres) con respeto a Coruña e Ourense; na poboación de Coruña e Pontevedra a base da pirámide e ancha e vaise ensanchando a medida que nos diriximos o cumio mentres que na poboación de Lugo e Ourense a base da pirámide e estreita e vai medrando a medida que nos diriximos o cumio; na Coruña e Pontevedra hai moita máis xente de 30-34 anos que en Lugo e Ourense; en Lugo e Ourense hai moita máis xente entre 70-74 que na Coruña e Pontevedra.

4. Nesta imaxe e plano dunha parte da parroquia de Vilabade no Concello de Tordoia figuran unha serie de aldeas. ¿Que topónimos serían indicativos das distintas formas de poboamento?
  • Carballal: o nome desta parroquia ben dado porque moito antes este lugar estaba rodeado de carballos. 
  • Pedregais: esta parroquia recibe o nome de Pedragal porque antes de que a xente decidira vivir neste lugar o terreo estaba cuberto na súa maior parte de pedras.  
  • Tordoia: esta parroquia recibe o nome porque antes este lugar estaba recuberto de castineiros.
  • Vilar e Viladabad: esta parroquia recibiu este nome porque se atopa nunha fragmentación do espazo da aldea que eran as terras gañadas o bosque. 
  • Carballeira de Arriba: esta parroquia recibe este nome porque neste lugar había moitos carballos o mesmo que ocorreu co Carballal  (xa explicado anteriormente).
  • Castro: recibe este nome porque se atopa nun lugar onde anteriormente se atopaban os castros de orixe prerromano que perduraron ata a Idade Media e que podemos atopar con frecuencia na Península Ibérica e máis concretamente no noroeste xunto a cultura castrexa. 
  • Casal de Devesa: deuselle este nome porque se atopa nun lugar cun hábitat disperso o que quere dicir que; hai explotacións illadas formadas por poucas casas.

miércoles, 23 de noviembre de 2011

Sequeiro

 Sequeiro
 É unha construción tradicional de pedra utilizada para secar castañas para a súa conservación. Está formado por un piso inferior no que se fai o lume, e na parte superior na que se colocan as castañas para afumalas. O solo do piso ten dúas capas, a superior está feito por tablas lisas por encima e de cuña por abaixo para favorecer o paso do aire quente e do lume.
Fotos dun sequeiro situado no Courel:


                      Exterior

                            Parte baixa

                            Parte superior



miércoles, 16 de noviembre de 2011

Climograma

Comenta o seguinte climograma:

O climograma é un gráfico no cal se representan temperaturas e precipitacións, as precipitacións  represéntanse mediante barras azuis en mm e as temperaturas mediante unha liña vermella en graos centígrados. Na columna da izquierda represéntanse as precipitacións de 50 en 50mm e as temperaturas na columna da dereita de 20 en 20 ºC, esta gráfica mostranos a temperatura e as precipitacións medias anuais de un sitio en concreto.

Este climograma presenta as características propias do clima de Santiago de Compostela. O que nos fai chegar  a esta conclusión son as enormes precipitacións durante todo o ano excepto no verán e as temperaturas case constantes durante todo o ano podemos ver a continuación:


a) Análise de temperaturas e precipitacións:
- Temperatura media anual de 12,6 ºC.
 - Amplitude térmica 12 ºC a oscilación térmica e baixa.
- Temperatura máxima 20 ºC no mes de Julio e Agosto, veráns frescos. 
- Temperatura minima 8 ºC xaneiro e decembro, invernos suaves. 
Veráns non moi calurosos e invernos suaves.

b) Análises precipitacións:
- Precipitacións medias anualis de 1895mm polo tanto as precipitacións son moi abundantes. No mes de decembro é cando se producen as maiores precipitacións de 255mm e no mes de de xullo e cando menos precipitacións hai 40mm. 

c) Tipo de clima e localización xeográfca:
  • Clima Atlántico correspondente a zona noroeste e norte da península.
  • Sabemos que é un clima atlántico  polas escasa oscilación térmica en torno os 10 º.
  • Moitas precipitacións repartidas regularmente o longo do ano, cun mínimo estival. 
  • Os veráns frescos e invernos suaves, nin moi frío nin moita calor. 


viernes, 4 de noviembre de 2011

Elementos e factores

1. Xustifica as temperaturas neste mapa:
As temperaturas no interior son máis baixas debido a altitude das montañas e  o afastamento do mar  que non suaviza as temperaturas (invernos máis fríos veráns máis calidos). As temperaturas na costa son maís altas aunque non moito maís debido  a oceanidade, pois o mar modera as temperaturas.


 2.  Xustifica as precipitacións neste mapa:

 

  As precipitacións son  abundantes e torrenciais no sur e no leste de Galicia  xa que non hai ningunha cadea montañosa que impida o paso do aire húmido, esta masa o elevarse exténdese polo que a presión disminue coa altura que provoca un enfriamento e unha continua condensación do vapor de auga que provoca liberación de calor e polo tanto a formación de nubes e precipitacións. As precipitacións son menos abundantes no oeste e no norte son menos abundantes pola existencia de relevo que facilita a entrada de aire húmido.

3. Explica o mecanismoque reflicte a imaxe:


A primeira fotografía a brisa mariña ascende xa que a terra quéntase mentres que o aire quente descende cara o mar.
A segunda fotografía a brisa de aire quente ascende a terra non mantén a calor do día mentres que a brisa do mar descende xa que de noite e este o que aguanta a calor.

4. Define:
  • Cristas: eixo dun anticiclón extenso prolongase entre dúas depresións e onde a forma isobárica parécese a unha "U".
  • Valgadas:isobaras abertas en forma de "V" paralelas os vértices alineados según o eixo de simetría.  

5. Anticiclón das Azores importancia do clima de Galicia é ifluencia para Galicia:
Un anticiclón é unha área de alta presión atmosférica que suele orixinar bo tempo.
E ún anticiclón que normalmente está situados no centro do Atlántico Norte a altura das Illas Azores.Provoca sobre Europa en general e en España en particular, tempo seco, soleado e calurosa durante o verán. E tamén pode exercer a sua influencia en outono e na primaveira e incluso no inverno e neste o centor do anticiclón atópase no centro do mar Cantábrico provocando invernos secos, templados e eliminando calquera borrasca existente. O anticiclón desplázase pola corrente en chorro e a fronte polar(masas de aire frío que proveñen do norte).
                                       
O anticiclón das Azores importancia que ten para Galicia: 
No verán cando a fronte polar se sitúa sobre os 60º N, atopámonos con un templo cálido e seco, no inverno quedamos baixo as influencias das baixas presións noratlánticas que traen frío e precipitacións.

jueves, 3 de noviembre de 2011

Clima elementos e factores Ariadna

    Define:
  • Amplitude térmica: é a diferenza entre a temperatura máxima e a temperatura mínima dunha zona e periodo determinado.
  • Latitude: distancia que hai dende un punto da superficie da Terra ata o  paralelo do Ecuador. Indica unha  zona situada no norte ou no sur do Ecuador.
  • Oceanidade: Grado no que un clima se ve afectado polas influencias marítimas suavizando as temperaturas.

Clima elementos e factores Natalia

Define:

1ª Amplitude térmica: é a diferencia entre a media das temperaturas do mes máis cálido e o mes máis frio; tamén se lle chama oscilación térmica.

2ª Latittude: medida do ángulo en grados entre la linea de un punto sobre la superficie terrestre o centro da terra e o plano do ecuador.  As lineas de latitude son as lineas imaxinarias que axudan a localizar posicións sobre a superficie terrestre, que se dibuxan paralelas o ecuador, e empréganse para indicar a distancia de un punto o ecuador. E a latitude porde ser norte ou sur.

3ª Oceanidade: grado no que o clima resulta afectado polas inflluencias marítimas e devido a esto suaviza as temperaturas.

Clima elementos e factores Judit

  • Amplitude térmica: A amplitude térmica é a diferenza entre a temperatura máxima e a  mínima durante un período determinado.
  • Latitude: É a distancia angular que hai desde un punto da superficie da Terra hasta o paralelo do ecuador,  mídese en grados, minutos e segundos sobre os meridiano. Indica unha zona situada no norte ou no sur do Ecuador.
  •  Oceanidade: Grado no que un clima resulta afectado polas influencias do mar.Suaviza as temperaturas.

viernes, 14 de octubre de 2011

Litoral

1. Clasificación das rías:
  •  Rías Altas: Ria de Ribadeo, Ría Foz, Ría de Viveiro, Ría do Barqueiro e Ría de Ortigueira.




  •   Rías Medias:Ría de Cedeira,Ría de Ferrol,Ría de Ares e Betanzos,Ría de A Coruña, Ría de Corme e Laxe, Ría de Camariñas e Ría de Corcubión.


  •  Rías Baixas: Ría de Muros e Noia, Ría de Arousa, Ría de Pontevedra e Ría de Vigo.



2.Pon outros dous exemplos de illas presentes en bocas de rías:
  Illas Sisargas,Illa de Coelleira.






3. Define:
  •     Tómbolo: acidente xeográfico sedimentario que forma unha estreita lengua de terra entre unha illa ou unha gran rocha afastada da costa.Exemplo: O Peñón de Xibraltar.

  •     Frecha: fórmanse nas costas rectilíneas nas que existen bahías(entrada dun mar, océano ou lago rodeada por terra menos por un lado) profundas. A area desprázase pola costa hasta o interior da bahía, dando lugar a unha frecha que normalmente ten un extremo curvo hacia a terra.

Huelva.

jueves, 29 de septiembre de 2011

O Relevo

1. Os ripples constituen unha estrutura sedimentaria primaria que se poden atopar na parte superior das capas areniscas(rocha sedimentaria de cor variable que conten fendas pequenas). Os ripples orixínanse pola acción das correntes ou polo efecto da oleaxe. O conxunto de vales e cristas denomínaselle tren de ripples. 


O que quere dicir que o relevo galego ten disposición en teclas de piano é que o chocar as placas fixo que o zócolo quebrara en fallas de estrutura xermánica (graben e horst), as rochas brandas pregaron e as duras rompero.

2. Oroxenia herciniana: no paleozoico as terras de Galicia  brotaron como resultado da oroxenia hercinian, formando parte do antigo Macizo Hespérico, que por culpa da erosión convertiuse en penechaira sobre a que avanzan ou retroceden as augas do mar.
Oroxenia alpina provocada polo choque da placa africana contra a euroasiática, o zócolo ríxido quebrou en fallas de estrutura xermánica dando lugar a serras e depresións mentres que os materiais brandos como as calcarias pregaron en sinclinais e anticlinais. 

3. A primeira fotografia è unha dolina que pertence ao modelo kárstico(característico das rochas sedimentarias) e son afundimentos no terreo ao ser moi brando e pode rematar por colapsar.
A segunda fotografía é unha rocha cabaleira  rocha que pola erosión se atopa enriba doutra.
A terceira fotografía na praia das catedrais atopamos xistos e cuarcitas que son un tipo de rochas metamórficas ácidas.
A cuarta fotografía è unha cova que é unha cavidade natural do terreo causada pola erosión das correntes de auga, xeo ou lava. As covas fórmanse pola disolución da rocha caliza e pola auga ácida.
A quinta fotografía è unha lagoa formado pola erosión, nos ocos onde se acumula a neve e esta co paso do tempo derrétese e ese oco queda cuberto por auga.
A sexta fotografía é unha marmita de xigante e orixe fluvio-glaciar, pode ter forma de depresión nos depósitos glaciares maís ou menos circulares e as veces cheos de auga.
A sétima fotografía é unha morena frontal é unha cordilleira ou manto composto de material glaciar non estratificado despositada preto dun glaciar.
A oitava fotografía è un sinclinal que e a parte cóncava dun pregue da corteza terrestre orixinado pola compresión do movemento oroxeneo.