jueves, 29 de septiembre de 2011

O Relevo

1. Os ripples constituen unha estrutura sedimentaria primaria que se poden atopar na parte superior das capas areniscas(rocha sedimentaria de cor variable que conten fendas pequenas). Os ripples orixínanse pola acción das correntes ou polo efecto da oleaxe. O conxunto de vales e cristas denomínaselle tren de ripples. 


O que quere dicir que o relevo galego ten disposición en teclas de piano é que o chocar as placas fixo que o zócolo quebrara en fallas de estrutura xermánica (graben e horst), as rochas brandas pregaron e as duras rompero.

2. Oroxenia herciniana: no paleozoico as terras de Galicia  brotaron como resultado da oroxenia hercinian, formando parte do antigo Macizo Hespérico, que por culpa da erosión convertiuse en penechaira sobre a que avanzan ou retroceden as augas do mar.
Oroxenia alpina provocada polo choque da placa africana contra a euroasiática, o zócolo ríxido quebrou en fallas de estrutura xermánica dando lugar a serras e depresións mentres que os materiais brandos como as calcarias pregaron en sinclinais e anticlinais. 

3. A primeira fotografia è unha dolina que pertence ao modelo kárstico(característico das rochas sedimentarias) e son afundimentos no terreo ao ser moi brando e pode rematar por colapsar.
A segunda fotografía é unha rocha cabaleira  rocha que pola erosión se atopa enriba doutra.
A terceira fotografía na praia das catedrais atopamos xistos e cuarcitas que son un tipo de rochas metamórficas ácidas.
A cuarta fotografía è unha cova que é unha cavidade natural do terreo causada pola erosión das correntes de auga, xeo ou lava. As covas fórmanse pola disolución da rocha caliza e pola auga ácida.
A quinta fotografía è unha lagoa formado pola erosión, nos ocos onde se acumula a neve e esta co paso do tempo derrétese e ese oco queda cuberto por auga.
A sexta fotografía é unha marmita de xigante e orixe fluvio-glaciar, pode ter forma de depresión nos depósitos glaciares maís ou menos circulares e as veces cheos de auga.
A sétima fotografía é unha morena frontal é unha cordilleira ou manto composto de material glaciar non estratificado despositada preto dun glaciar.
A oitava fotografía è un sinclinal que e a parte cóncava dun pregue da corteza terrestre orixinado pola compresión do movemento oroxeneo.