lunes, 7 de mayo de 2012

Proceso do Mariscal Pardo de Cela

O proceso do Mariscal Pardo de Cela
   -Quen era: señor feudal nacido preto de Betanzos herdou as posesións familiares máis importantes do país. Casouse cunha filla do conde de Lemos, sobriña do bispo de Mondoñedo e curmá da futura raiña de Castela. Recibiu o nome de Mariscal pola axuda que prestara anteriormente na batalla de Olmedo.
   -As súas posesións:  herda do seu pai Juan Nuñez Pardo o título de conde, da súa nai Teresa Rodríguez unha comarca mindoniense, debido ao seu matrimonio con Isabel Castro é entregou importantes propiedades na diócesis mindoniense. Tamén obtén un cargo de delegado en representación do seu sogro o Conde de Lemos.
   -As causas da prisión e morte: apresado o 7 de decembro 1483 tras 3 anos de enfrotamentos contra os Reis Católicos, o Mariscal foi condeado a execución pública en Mondoñedo.
A esposa de Pardo de Cela, Dona Isabel de Castro asisitiu enseguida a unha audiencia coa súa curmá  a raiña Isabel, obtendo asi o indulto para os seu esposo. Cando regresaba a Mondoñedo pouco antes da execución do Mariscal, Dona Isabel foi recibida na entrada da Cidade polos vasalos do Bispo de Mondoñedo (Fadrique de Guzmán) que era un home moi ambicioso que sentía un odio mortal por Pardo de Cela xa que O Mariscal nunca había acatado as ordes que lle dictaba o poder eclesiástico. Así, o bispo traidor mandou entreter na Ponte do Pasatempo a muller do Marsical, mentres que apuraba a súa execución na plaza da catedral.
   -A visión actual:  o único que sabemos dos últimos meses do mariscal é grazas á chamada ¨relación da carta executoria¨. Unha relación atopada no pazo dos Taboi da que existen tres versións, dúas en galego e unha en castelán que se supón con toda seguridad que foi escrita por un familiar dos Saavedra aló polo 1515.

miércoles, 25 de abril de 2012

 Define: 
1. Irmandades: levantamento contra a opresión dos señores levada a cabo polos campesiños.

2. Irmandade fusquenlla:  conxunto de  campesiños do señorío Nuño Freire de Andrade que inician unha  revolta debido o maltrato que reciben do señor Andrade.

3. Cuadrigueiros. Alcades ou concelleiros que tomaban as decisións máis importantes no concello.

4. Vara de xustiza: autoridade concedida para as tarefas que realizan os irmandiños as cales consisten en controlar o país.

5. As causas e consecuencias das guerras irmandiñas.
Causas : foron tanto económicas probocadas pola presión señorial como políticas.
Consecuencias: esta guerra non tivo moitas consecuencias xa que non se tomaron represalias contra os vasalos que se revelaron xa que os principais lideres Vasco de Aponte e Felipe da Gándara non estaban dacordo.

miércoles, 11 de abril de 2012

Idade Media

- A romaría vikinga de Catoira

  • Obxectivo das expedicións: os piratas normandos do Norte dirixían a súa actividade ó saqueo e o roubo das terras ricas, o cal os levou no século IX a expedicións para conquistar Jakolsland, a Terra de Jacob, de onde se dicía que había inmensas riquezas en iglesias e mosteiros, como  o de Santiago de Compostola pero chocaban coa Torre de Oeste.
  • As torres do Oeste e o Castellum Honesti:  o primeiro é un xacemento composto polas ruínas dunhas torres de orixe romano que serviron para a defensa das terras de Santiago de Compostela dos ataques normandos na Alta e baixa Idade Media; o segundo foi construído por Alfonso III  para facerlles fronte os piratas normandos, os vinkingos do Norte e os sarracenos do norte de Africa. Atópase na desenbocadura do río Ulla e durante séculos esta fortaleza contuvo todos os ataque procedentes do mar que tiñan como fin atacar Compostela. 
  • A festa: esta romaría celébrase o primeiro domingo de cada mes de agosto nas rías baixas concretamente en Arousa, é unha festa profana que rememora o papel xogado por Catoira na defensa de Galicia fronte os ataques de piratas normandos na busca dun tesoura da Igrexa compostelana. De todas as que se celebran en Galicia está declara Festa de Interés Turístico Internacional. No xantar celébrase unha misa na Capela de Santiago nas Torres de Oeste na memoria dos defensores da fortaleza;rematada a misa celébrase unha comida campestre. A comida é acompañada por un grupo de gaiteiros.Pola noite encéndense as fogueiras nas almeas das Torres, como se facía antigamente para anunciar a presenza dos piratas.
Todos os anos é un dos acontecementos máis multitudianarios do calendario festivo galego. Os protagonistas van vestidos como na época coas súas armas,casco,vestidos e gritos de guerra. 
Tributos: 
  • Fonsadei: tributo que se pagaba para non ter que ir á guerra.
  • Censo: recuento de individuos que conforman unha poboación estadística definida como o conxunto de elementos sobre o que se realizan as observación. 
  • Alcabala: imposto indirecto que se cobraba aos territorios que pretencían a Coroa de Castela, e empregábase para grabar as transaccións económicas.
  • Herbático: tributo que na Coroa de Aragón se pagaba aos reis cando comezou o seu reinado, proporcional ás cabezas de gando.
  • Facendeira : servicios que unha persoa realizaba para beneficiar o rei ou o señor.
  • Portádego: imposto que se cobraba para permitirlle a alguén atraver os ríos en barca.
  • Martiniega: imposto máis antigo da Coroa de Castela que se pagaba o día de San Martín.
  • Xantar: alimentos que se lle entregaba o señor como tributo para que che permitise pasar por un lugar en concreto.
  • Luctuosa: tributo que se lle pagaba o señor polos bens dun vasalo que morrera na guerra.
  • Maquía: imposto que se tiña que pagar pola utilización dun muiño, un forno..
  • Gabela: imposto que unha persoa ten que pagar por utilizar un producto en xeral.
  • Osas: tributo que se tiña que pagar o señor para poder casarse.

lunes, 12 de marzo de 2012

Redacción Natalia

Diario dunha romana:

Eu Heraldaria Papirius cheguei a Gallaecia cando tiña 19 por culpa das penurias económica da miña familia, non tiñamos pensado cambiar de lugar de residencia pero a guerra en Lusitania había comenzado e decidimos escapar,  xunto o meu tio que vivía dende fai moitos anos en Lucus Augusti.
Cando chegamos todo era diferente as casas, a xente.., fumos directamente para a casa do meu tio que vivía moi preto da entrada, pegado case a muralla, era unha casa pequena dunha soa planta. A casa era pequena xa que era un home moi humilde que traballaba no campo coas vacas, as ovella e os carneiros que a xente lle encargaba para que coidara deles e os levase os pastos. A min como me encantan os animais púxenme a axudarlle en todo o que puiden mentras que meu pai e miña nai buscaban traballo. O día seguinte de chegar fumos de paseo para conocer un pouco o pobo e saber a donde ir se tíñamos que comprar algo ou necesitabamos algo. A medida que pasaba o tempo todo iba mellor eu traballaba no que quería e miña nai e meu pai atopara por fin un traballo, miña nai cosía roupa para a xente na casa e meu pai traballaba na minería praticamente día e noite. Pero un día cando meu tio caeu enfermo por mor dunha gripe moi forte tiven que adicarme o cuidado dos animais coa axuda das miñas irmáns, a miña sorpresa foi cando o ir as casas entregar os animais vin a un rapaz moi fermoso, polo seu aspecto e o da súa casa era de familia humilde pero non tanto coma a miña, estibemos falando un bo anaco ata que se fixo noite e tiven que volver a casa. O día seguinte aconteceu exactamente o mesmo, o tempo foi pasando e pasando e fixémonos moi amigos, meu tio con moita sorte logrou recuperarse completamente e como viu que fixera ben o seu traballo cedeume o seu posto e conseguiu un traballo para él na mina xunto a meu pai para poder traer máis cartos a casa. Co tempo, co que eles gañaban comenzamos a cultivar cousas e incluso a comprar animais propios, todo iba mellor, a nosa situación económica iba mellorando aínda que non eramos ricos podíamos vivir bastante ben non nos podíamos permitir ir o teatro nin as tendas caras do centro da vila pero estábamos moi contentos. Un día cando me dispoñía a recollida dos animais para levalos o pasto este rapaz do que xa falei antes, de nome Caisiano veu a miña casa acompañando con seus pais, o entrar convidámolos a tomar algo e puxéronse a falar con meus pais. Non me deixaron entrar no cuarto para saber o que decían e cando xa remataron, miña nai contoume todo o que dixeran. Caisiano pedira a miña man e dentro de 3 meses seríamos marido e muller, seus pais traballaban no mercado vendendo os productos que cultivaban nos seus campos leitugas, acelgas, habas...
Por fin nos casamos e decidimos ir a vivir a nosa propia casa unha pequena insulae con poucos pisos  pero moi acolledora todo o edificio estaba cheo e levábamonos ben con todos os veciños, as nosas familias viñan visitarnos amiudo e viceversa.
Como os primeiros anos estibemos moi ben decidimos vivir alí o resto da nosa vida cos nosos 2 fillos que naceron con dous anos de diferenza respectivamente Calletano e Celso.

sábado, 10 de marzo de 2012

Redación Ariadna

Chámome Lucrecia  e vivo nunha vivenda de planta baixa ( domus) situada moi preto do foro en Roma.
Teño como aficións ir as termas e darme largos baños así como ir tamén ver representacións os anfiteatros.
Vivo xunto cos meus irmáns e miña nai xa que meu pai a maior parte do tempo está fora da casa porque traballa en Gallaecia onde é dono dunha gran villa na cal traballan moitos castrexos. Estes dedícanse ao cultivo principalmente de vides e liño e utilizan normalmente o arado de tración animal. Estes  productos serán transportados o resto do Imperio através das redes de comunicacións así como mediante rutas marítimas .
Nós decidimos quedar aquí xa que hai unha mellor educación e un nivel de vida maior aínda que meu pai dí que Gallaecia cada vez se parece máis a Roma.

sábado, 25 de febrero de 2012

Cultura Castrexa

Sintetiza os achados recentes do castro de San Cibrao.
Página 1:

ADEGA e Mariña Patrimonio conseguen que Patrimonio actúe por fin para protexer o xacemento arqueolóxica de Atalaia.
Dende que finalizaron as escavacións demandaron unha intervención no xacemento para evitar o deterioramento das estruturas. A demora da toma de decisións probocou un deterioro no aínda maior no deterioro. Pero a pesar da tardanza conseguiuse salvar esta importante construción.


 O patrimonio arqueolóxico da Mariña no 2º Congreso Internacional de Arqueloxía Vilalba.
En Vilalba contará coa presenza do patrimonio arqueolóxico a través das potencias que estudian diferentes tipos de xacementos.


Novos achados inferopaleolíticos na Área Cantábrica Lucense”.
Localizanse  en distintos puntos da Mariña como a enseada de Cegoñas – A Rega (Ribadeo); A Pampillosa en Foz e en Cervo os localizados na Senra, Trasbar , Viladesuso , Guioncho así como o destacado xacemento das terrazas do río Covo, onde se levan atopado máis de vinte útiles
Conferencia: “Os petróglifos. Gravuras rupestres ao aire libre” a cargo do arqueólogo Antonio de la Peña Santos.
 Os primeiros petróglifos que apareceron na Mariña lucense son os petróglifos do castro da Atalaia (San Cibrao- Cervo). Outros que hai na Mariña, son os do castro do Coído en Cervo, os do castro de Burela en Burela e os do castro de Rueta en Cervo.

ADEGA e MariñaPatrimonio denuncian ao Conselleiro de Cultura ante a Fiscalía polo Castro de Atalaia.

Estas organizacións presentaron unha denuncia contra o Conselleiro de Cultura e Turismo por non cumprir co seu compromiso de protexer o Castro de Atalia.  Por non protexer o xacemento produciuse unha degradación cando o Concello de Cervo concedeu unha licencia para a construción de dous edificios sobre este castro.Tras as denuncias de ADEGA e A Mariñapatrimonio paralizonse as obras, pero cando chegou a orde de paralización, a construtora Promociones San Ciprián xa destruira  unha das parcelas do xacemento. Logo produciuse a resolución na que a empresa construtora tiña que tapar novamente as parelas escavadas no Castro de Atalaia e apareceron importantes asentamentos galaico-romanos,  pero máis tarde producíronse dúas desgracias máis o derrubamento do muro dunha cabana e a caida duns taboleiros da obra paralizada  que causou graves danos sobre o restos arqueolóxicos. Despois produciuse a denuncia dos feitos pero as resolucións ditadas non se están a cumprir e o xacemento atópase en  grave perigo. 

Mariña Patrimonio entrevistase co director xeral de patrimonio para tratar sobre o castro da Atalaia. 

Faise unha reunión na que se protestou polo pouco coidado e o pouco que se preocupaban polo castro. O director xeral dixo:  "que a conservación dos restos é incompatible cos proxectos construtivos que se proxectaban para esa área. "  e  Mariñapatrimonio expresou o seu desacordo. 

 Página 2: 

- A excepcional  sauna castrexa castañoso a piques do derrube.

A Fonsagrada(Lugo) conta con numerosos xacementos arqueolóxicos, e entre eles 70 asentamentos.                                                                                                                                         O Castelón é un castro situado nun terreo cunha superficie irregular conformado polo rego do Val do Barreiro e o río das Covas. Este castro posuía unhas defensas que o convertía en case inexpugnable (dificil de entrar en el) e para máis seguridade construíronse foxos o redor do poboado e un torreón a entrada do mesmo. As características do terreo facían imposible vivir preto deste castro e o terreo chegou a tal punto que se fixo complicadísimo aceder o castro. D. Enrique López e D. José Argul atoparon unha sauna castrexa que se convertiría nun achado importantísimo. Este tipo de saunas tamén serían coñecidas co nome de monumentos con forno xa que son edificacións monumentais facilmente diferenciables do resto. Trátase de edificios con planta rectangular, distribuídos en tres salas: a antecámara, á cámara de vaporización e unha cabeceira en forma de ábside (parte da igrexa situada na cabeceira) onde se atopaban o forno de calor e están cubertas as dúas augas.  Só se coñecen 16 monumentos con forno. Pero sin lugar a dudas a sauna de Castelón e a mellor conservada.  

- Cultura só recoñece os danos efertuados por particulares en varios castros da Mariña.   

 Patrimonio obriga a retirar os eucaliptos plantados sobre as defensas do castro da Vela (Xove), pero non se pronuncia sobre a agresión do concello de Xove sobre o castro de Sumoas.                                                                                                                                                   O Servizo de Patrimonio Cultural de Consellaría de Cultura da Xuntas de Galicia recoñece os danos provocados por particulares en tres xacementos da Mariña: Castelo de Celeiro (Viveiro), Castro de Vela e xacementos de Pereirabos (Xove) pero non se pronuncia sobre os prexuizos exercidos polo concello de Xove sobre o Castro de Sumonas. Pero tras as denuncias presentadas por Mariñapatrimonio e ADEGA o servizo de patrimonio da xunta admite o mal estado no que se atopaban os tres castros.    

Logo dixo que se produciron escabacións da terra que danaron o Patrimonio. Pero só se preocuparon de subsanar os danos dos particulares que plantaron eucaliptos sen permiso nos castros de Foz e Xove.  Dúas mámoas foron danadas polo concello de Xove o depositar sen permiso varias toneladas de terra enriba delas.  ADEGA e Mariñapatrimonio presentaron as denuncias pertinentes. 




- ADEGA e Mariñapatrimonio conseguen que Patrimnio actúe porfín para protexer o xacemento arqueolóxico de Atalaia. 

Mariñapatrimonio  e ADEGA, asociacións volcadas dende o 2006 na defensa do xacementos arqueolóxico do castro da Atalaia por fin conseguiron que a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural adopte medidas para protexer as estruturas do castro. 

 - Petroglifos podomorfos nas Anzas (Ribadeo).                                                                                 Mariñapatrimonio informou o pasado  mes de xuño ao Servizo de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia sobre a existencia dun posible petróglifo podomorfo nas Anzas (Ribadeo) e trala inspección foi incluído no inventario de xacementos arqueolóxicos co nome de“As fádegas- as pisadas do Encanto”.

Este tipo de petróglifos son gravuras que representan a pegada do pé; aparecen nun pequeno número de penedos próximos á costa , especialmente na zona occidental da provincia de Pontevedra.  

Relacionado con este petróglifo hai un valioso patrimonio inmaterial. Segundo recolle a lenda, nunha gran rocha á beira do río habita un Encanto, unha moza fermosa e loira que deixou as pegadas dos seus pés na laxe do camiño. Polo San Xoán a moza aparéceselles aos que pasan por alí amosando a súa fermosura e mailos seus tesouros así como unha galiña coa súa rolada de pitos de ouro. A beleza da moza ou a cobiza do ouro, fai que a xente se achegue á rocha , o que provoca o seu encantamento , ficando para sempre no interior da rocha.

ADEGA e MariñaPatrimonio denuncian ao Conselleiro de Cultura ante a Fiscalía polo Castro de Atalaia.

A denuncia foi levada a cabo por Mariñapatrimonio por uns edificios que se ían realizar na Atalaia e mentres se estaba a preparar o terreo para a construcción derrubouse unha das parcelas do xacemento arqueolóxico. Tras pararse as obras dos edificios e deixar os xacementos tal e como estaban por causa das choivas e pola caída dunhos taboleiros derrumbouse unha das das paredes. Por estes incidentes o xacemento arqueolóxico atópase a piques de desaparecer por iso se denuncia  o Conselleiro de Cultura e Turismo por non protexelo antes.


Moutillós, enclave normando.
Fálase dun novo descubrimento no Vicedo, este non se trata dun castro como hai tantos polo litoral mariñán, senón que posiblemente se trate de algo  de maiores dimensións pois  poderíase estar a falar dun asentamento normando.Pídese unha investigación  para poder esclarecer a cronoloxía exacta deste asentamento, pois coincide a estructura dos xacementos,a súa localización e tamén a súa toponimia. Pola estructura que presenta e as partes das que consta(foxo, unha pequeña muralla externa e unha mota artificial no centro próxima ao cantil)xa non se estaría a falar da súa situación na Idade de Ferro.

Pagina 3:

Alucinante.

 Unha sauna castrexa subterránea no ameazado castro da Atalaia (Cervo)
Atópase un novo achado  arqueolóxico  cerca do castro de Atalaia( Finca de Dorita) unha sauna castrexa .Está formada por: unha forma rectangular, unas escaleiras de acceso, a cuberta de falsa bóveda, un forno,  existencia de túneles…
Esta sauna é a mellor conservada do país  e o forno sería o terceiro atopado en Galicia.

viernes, 10 de febrero de 2012

Achados no nosos entorno inmediato


4. ACHÁDOS NO NOSO ENTORNO INMEDIATO

Cazando Elefantes
Unha  señora de San Cibrao  descobre por casualidade unha pedra grande e afiada que se parecía os útiles primitivos de sílex (tipo de mineral) polo que avisou a un membro de Mariña Patrimonio ( agrupación cultural que defende o castro de Atalaia). Esta agrupación atopou nesa mesma zona  una docena de pezas con características parecidas. Estas pezas están expostas no museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba. Os utensilios eran  raederas, hendedores e bifaces, dicen que puideron ser talladas polo Homo heidelbergensis. Esta especie dedicábase a recolección e a caza e alimentábanse de restos de animais. Movíanse fuxindo do frio e buscando grupos de animais, auga e pedras cas cales poder fabricar utensilios; se tiñan todo o que necesitaban mantíñanse asentados.


Achados 12 útiles do Paleolítico  nunha terraza fluvial de Río Cobo
 Unha veciña de Cervo  atopa unha pedra  con características moi parecidas a outra pedra que atoparan en San Cibrao. Nesta zona foron localizadas 12 pezas  que poden ter unha antigüidade de 300.000 ano polo que se considera que é a presenza humana máis antiga da Mariña.

Encuentran en Cervo o único petroglifo do norte galego con forma xeométrica
Achado dun petroglifo en Cervo cunha gran importancia xa que é o único que ten una forma xeométrica canónica ( catro círculos concéntricos unidos por un trazo) polo que a Asociación Mariña Patrimonio comunica esta aparición a asociación Patrimonio Cultural da Xunta xa que na zona de Lugo son moi escasos. Este petroglifo é do mesmo tipo ca outros que ai en Reino Unido e Irlanda e dícese que pertence a Idade de Bronce. Están feitos normalmente de granito.

miércoles, 8 de febrero de 2012

Enterramento megalítico

3. TRABALLO SOBRE UN ENTERRAMENTO MEGALÍTICO

- Denominación da construción: Dolmen de Moruxosa o Forno dos Mouros.
- Datación:  30000 A.C e 2500 a.C
- Localización: parroquia/concello/provincia; coordenadas xeográficas (engadir mapa de situación de googlemaps); tipo de terreo sobre o que se ubica (outeiro, chaira,...)
O dolmen atópase na provincia de A Coruña no concello de Toques situado na serra de O Bocelo.

Ver De Moruxosa o Forno dos Mouros. en un mapa más grande


- Material construtivo: está construido con rochas virxes (sin traballar nelas), pintado con lineas en zig-zag, alternando cores vermella e negra. Para protexer o dolmen construíronse duas enormes vigas metálicas. Hoxe en día este tipo de construcións son pouco útiles para o fin proposto e na actualidade están en perigo de destrución.  As pinturas que posúe a cámara teñen un evidente risco de desaparición polas entradas de auga que lles afectan gravemente.

- Análise:
  • tipoloxía construtiva: posúe unha cámara poligonal formada por sete piares ou ortostatos (son bloques de pedras verticais que se xuntan formando unha ringleira) e unha lousa de cobertura de tamaño medio. A estrutura está reforzada por dúas enormes vigas de ferro. O corredor está parcialmente tapado por unha estrutura de madeira.
  • elementos: no seu interior apareceron restos de pinturas vermellas e negras sobre unha base de cor branca formando zig-zags.
  • dimensións: mide 20 metros de diámetro e máis de 3 metros de altura. 
  • conservación: é un dos mellores dolmens conservado en toda Galicia.
- Lendas ou mitos relacionados co monumento.
A lenda conta que os mouros non fai moito saían o exteriror pero o ver a xente escondíanse rapidamente.
E que o vivir baixo terra os habitantes que traballaban no campo non podían perforar moito a terra co arado porque poderían destrozar as súas casas.

lunes, 30 de enero de 2012

Culturas prehistóricas

1. Diferencia os tipos de utiles que vimos no vídeo 
Unha pedra un útil: 
-Canto trabajado chopper: mediante a percusión dunha pedra contra outra trabállase dita pedra por só un dos lados; deste xeito consegue un útil que se asemella a un coitelo para e abrir os ósos.
Unha pedra un útil más eficaz:
-Bifaz: cando mediante percusión, dánselle golpes constantes a pedra por un dos lados; conseguindo un útil para partir cousas.
Unha pedra varios útiles:
-Lasca Levallois: mediante a percusión por toda a pedra, esta desfaise en forma de lascas.
-Raedera: despois de conseguir a lasca de levallois continua golpeandoa dandolle forma.  
-Escotadura: despois de conseguir a raedera segue golpeando a lasca para pelar os tallos das árbores.   
-Punta Levallois: rematados todos os procesos consegue unha punta de frecha, que serve para cazar.




 

    Megalitismo en España

    2. EXEMPLOS DE MEGALITISMO EN ESPAÑA E EN EUROPA Busca imaxes de cada un e define brevemente.

    En España: dolmen de Menga, naveta es Tudons
    Dolmen de Menga: é un dolmen de planta case retangular, chamada cámara sepurcral onde se soterraba os mortos. Está formada por sete pedras que forman a parede, estas a súa vez son cubertas por cinco pedras máis que fan de teito.



    Naveta des Tudons: construción de tipo funerario da prehistoria utilizada entre 1200 e 750 a.C. Trátase dunha tumba colectiva onde se soterraba os mortos que vivía na vila onde se atopase dita construción.


    En Gran Bretaña: Stonehenge, Newgrange
    Stonehenge: monumento megalítico da Idade de Bronce situado en Inglaterra, atópase a trece kilómetro o norte de Salibury. É un monumento de tipo funerario,  formado por grandes bloques de pedra distribuidos en catro circunferencias. O exterior está formado por grandes pedras retangulares de arenisca (tipo de rocha sedimentaria) e normalmente atópase rodeado por unha foxa.


    Newgrange: é un dos paisaxes funerarios do complexo no Condado de Meath é o xacemento arqueolóxico máis famoso de Irlanda.Construido aprox. entre 33000-2900 a.C, permaneceu perdido durante moitos anos por unha disminución no montículo, ata que no século XVII foi descuberto de novo por xente que buscaba pedras para a contrucción e pensaron que era unha cova.


    En Cerdeña: Coddu Vechio en Arzachena, Is Concias en Quartuccio
    Coddu Vechio en Arzachena: Tumba de xigantes que se atopa moi ben conservada. A instalación componse dunha tumba de corredor e unha explanada semicircular empregada con fines de culto.



    Is Concias en Quartuccio: é unha tumba de xigantes típica do sur de cerdeña, a fachada e o pórtico miden 10m de ancho están constituidas por mampostería megalíticos (son pedras en bruto sin darlles ningun tipo de forma); Dende o fondo da entrada da porta, podemos ver unha cámara funeraria, a uns 8m de longo e 1 m de ancho, que se conservan en perfecto estado, a altura máxima que poden alcanzar e de 2.10m.






    En Malta: Ggantija, Hal-Saflieni
    Ggantija: complexo megalítico que consta de dous templos rodeados por unha muralla. Xunto a outros monumentos que teñen máis de 5m de lonxitude e pesan máis de 50 toneladas, foron costruidos con bloques de pedra caliza e cada templo ten 5 ábsides (parte dunha igrexa situada na cabeceira) conectados con un corredor central.



    Hipogeo de Hal Saflieni: é o único templo subterráneo prehistórico coñecido, foi excavado en torno o 25000a.C. Tivo dúas funcións; a primeira foi a de santuario e a segunha en tempos prehistóricos foi a de necrópolis (cemiterio).






    lunes, 16 de enero de 2012

    Actividades económicas

    A pesca:
    Indica o volume da flota, a porcentaxe de exportación, os principais produtos de acuicultura, as pincipais lonxas da Mariña.
    - O volume da flota que posúe Galicia e case do 40% dos barcos españois,
    - O porcentaxe de exportación ao resto de España e o 75% e o 25% a outros paises
    - A acuicultura segue medrando pero con ela non medran os ingresos.
        *Algas: argazo real.
        *Bivalvos: ameixas, mexillóns, ostras entre outras.
        *Cefalópodos: polbo.
        *Peixes: destaca o rodaballo entre outros.
    As principais lonxas da Mariña son: a de Burela e Celeiro por esa orde.

    Explica a diferencia entre os tres tipos de caladoiros e define tres dos sistemas de pesca (un por cada caladoiro)
    Caladoiro: é un lugar onde os barcos de pesca deixan as redes no fondo ou a media altura (entre a superficie e o fondo) para capturar o peixe.
    A diferencia entre os caladoiros nacionais, pesqueiras comunitarias e pesqueiras internacionais é que os caladoiros nacionais e as pesqueiras internacionais empregan o cerco e as pesqueiras comunitarias non; os caladoiros nacionais e as pesqueiras comunitarias utilizan o palangre de fondo mentres que as pesqueiras internacionais non; as pesqueiras internacionais e os caladoiros nacionais empregan o palangre de superficie e as pesqueiras comunitarias non.

    - O arrastre: consisten no emprego dunha rede que barre no fondo do mar capturando todo o que atopa o seu paso. Este arte de pesca non precisa estar pendente dos movementos dos peixes para capturalos.
    - Cerco: consiste en cercar o peixe orientando o banco de peixes hacia un lugar en concreto para logo cercalo.
    - Palangre de fondo: reposa sobre o fondo mariño, está formado por un elemento flotante que se sontén normalmente por un fio plástico que os lados colganse os anzois con diferentes medidas que varían según o tamaño da captura.

    Redacta nun máximo de dez liñas"a importancia da industria conserveira en Galica" de acordo cos datos da gráfica correspondentes.
    A industria conserveira en Galicia posúe case a metade dos establecementos de España. A facturación en Galicia é de máis do 967,02M€ e case o 80% da facturación total de España. A producción en España é de 311.197 mentres que en Galicia é de 248.958 polo tanto máis da metade do total. Galicia ten empregada a máis de 12000 persoas mentres que España só ten empregada a 15500 persoas aproximadamente.
    Conclusión Galicia ten menos densidade de poboación que España pero pese a eso ten a moitas máis persoas empregadas, produce máis e factura máis

     Sector Secundario:
    Redacta nun máximo de dez liñas a situación do sector en Galicia comparado co resto de España.
    O sector secundario en Galicia está formado pola construción e industria; nestes dous sectores podemos observar como traballan moitos mais homes que mulleres. Na industria o porcentaxe dos homes que traballan e do 22,5% e na construción e do 17% mentres que as mulleres que traballan na industria son só un 10,1% e na construción 1,7%.
    En España o porcentaxe de persoas que traballan na construción tanto homes coma mulleres é dun 8,8% e na industria correspondese o 7,2%.

     Sector Terciario:
    Observa como medrou o sector servizos en ocupación e como decreceu o sector da agricultura e a pesca, entre 1977 e 2010. Intenta xustificar de xeito claro estes cambios
    A agricultura e a pesca  foi descendendo dende o 1977 cun 44,9% ata 7,9% rexistrado en 2010.
    Na Industria  o descenso non foi tan notable en 1977  cun 17,7% con respecto a 2010 cun  15,6% .
    Na construción houbo un lixeiro aumento dende 1997 cun 8,9% a un 9,6% no 2010.
    O sector servizos foi aumentando considerablemente xa que en 1977 só había un 28.5% e en 2010 un  67%.