Diario dunha romana:
Eu Heraldaria Papirius cheguei a Gallaecia cando tiña 19 por culpa das penurias económica da miña familia, non tiñamos pensado cambiar de lugar de residencia pero a guerra en Lusitania había comenzado e decidimos escapar, xunto o meu tio que vivía dende fai moitos anos en Lucus Augusti.
Cando chegamos todo era diferente as casas, a xente.., fumos directamente para a casa do meu tio que vivía moi preto da entrada, pegado case a muralla, era unha casa pequena dunha soa planta. A casa era pequena xa que era un home moi humilde que traballaba no campo coas vacas, as ovella e os carneiros que a xente lle encargaba para que coidara deles e os levase os pastos. A min como me encantan os animais púxenme a axudarlle en todo o que puiden mentras que meu pai e miña nai buscaban traballo. O día seguinte de chegar fumos de paseo para conocer un pouco o pobo e saber a donde ir se tíñamos que comprar algo ou necesitabamos algo. A medida que pasaba o tempo todo iba mellor eu traballaba no que quería e miña nai e meu pai atopara por fin un traballo, miña nai cosía roupa para a xente na casa e meu pai traballaba na minería praticamente día e noite. Pero un día cando meu tio caeu enfermo por mor dunha gripe moi forte tiven que adicarme o cuidado dos animais coa axuda das miñas irmáns, a miña sorpresa foi cando o ir as casas entregar os animais vin a un rapaz moi fermoso, polo seu aspecto e o da súa casa era de familia humilde pero non tanto coma a miña, estibemos falando un bo anaco ata que se fixo noite e tiven que volver a casa. O día seguinte aconteceu exactamente o mesmo, o tempo foi pasando e pasando e fixémonos moi amigos, meu tio con moita sorte logrou recuperarse completamente e como viu que fixera ben o seu traballo cedeume o seu posto e conseguiu un traballo para él na mina xunto a meu pai para poder traer máis cartos a casa. Co tempo, co que eles gañaban comenzamos a cultivar cousas e incluso a comprar animais propios, todo iba mellor, a nosa situación económica iba mellorando aínda que non eramos ricos podíamos vivir bastante ben non nos podíamos permitir ir o teatro nin as tendas caras do centro da vila pero estábamos moi contentos. Un día cando me dispoñía a recollida dos animais para levalos o pasto este rapaz do que xa falei antes, de nome Caisiano veu a miña casa acompañando con seus pais, o entrar convidámolos a tomar algo e puxéronse a falar con meus pais. Non me deixaron entrar no cuarto para saber o que decían e cando xa remataron, miña nai contoume todo o que dixeran. Caisiano pedira a miña man e dentro de 3 meses seríamos marido e muller, seus pais traballaban no mercado vendendo os productos que cultivaban nos seus campos leitugas, acelgas, habas...
Por fin nos casamos e decidimos ir a vivir a nosa propia casa unha pequena insulae con poucos pisos pero moi acolledora todo o edificio estaba cheo e levábamonos ben con todos os veciños, as nosas familias viñan visitarnos amiudo e viceversa.
Como os primeiros anos estibemos moi ben decidimos vivir alí o resto da nosa vida cos nosos 2 fillos que naceron con dous anos de diferenza respectivamente Calletano e Celso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario