lunes, 30 de enero de 2012

Culturas prehistóricas

1. Diferencia os tipos de utiles que vimos no vídeo 
Unha pedra un útil: 
-Canto trabajado chopper: mediante a percusión dunha pedra contra outra trabállase dita pedra por só un dos lados; deste xeito consegue un útil que se asemella a un coitelo para e abrir os ósos.
Unha pedra un útil más eficaz:
-Bifaz: cando mediante percusión, dánselle golpes constantes a pedra por un dos lados; conseguindo un útil para partir cousas.
Unha pedra varios útiles:
-Lasca Levallois: mediante a percusión por toda a pedra, esta desfaise en forma de lascas.
-Raedera: despois de conseguir a lasca de levallois continua golpeandoa dandolle forma.  
-Escotadura: despois de conseguir a raedera segue golpeando a lasca para pelar os tallos das árbores.   
-Punta Levallois: rematados todos os procesos consegue unha punta de frecha, que serve para cazar.




 

    Megalitismo en España

    2. EXEMPLOS DE MEGALITISMO EN ESPAÑA E EN EUROPA Busca imaxes de cada un e define brevemente.

    En España: dolmen de Menga, naveta es Tudons
    Dolmen de Menga: é un dolmen de planta case retangular, chamada cámara sepurcral onde se soterraba os mortos. Está formada por sete pedras que forman a parede, estas a súa vez son cubertas por cinco pedras máis que fan de teito.



    Naveta des Tudons: construción de tipo funerario da prehistoria utilizada entre 1200 e 750 a.C. Trátase dunha tumba colectiva onde se soterraba os mortos que vivía na vila onde se atopase dita construción.


    En Gran Bretaña: Stonehenge, Newgrange
    Stonehenge: monumento megalítico da Idade de Bronce situado en Inglaterra, atópase a trece kilómetro o norte de Salibury. É un monumento de tipo funerario,  formado por grandes bloques de pedra distribuidos en catro circunferencias. O exterior está formado por grandes pedras retangulares de arenisca (tipo de rocha sedimentaria) e normalmente atópase rodeado por unha foxa.


    Newgrange: é un dos paisaxes funerarios do complexo no Condado de Meath é o xacemento arqueolóxico máis famoso de Irlanda.Construido aprox. entre 33000-2900 a.C, permaneceu perdido durante moitos anos por unha disminución no montículo, ata que no século XVII foi descuberto de novo por xente que buscaba pedras para a contrucción e pensaron que era unha cova.


    En Cerdeña: Coddu Vechio en Arzachena, Is Concias en Quartuccio
    Coddu Vechio en Arzachena: Tumba de xigantes que se atopa moi ben conservada. A instalación componse dunha tumba de corredor e unha explanada semicircular empregada con fines de culto.



    Is Concias en Quartuccio: é unha tumba de xigantes típica do sur de cerdeña, a fachada e o pórtico miden 10m de ancho están constituidas por mampostería megalíticos (son pedras en bruto sin darlles ningun tipo de forma); Dende o fondo da entrada da porta, podemos ver unha cámara funeraria, a uns 8m de longo e 1 m de ancho, que se conservan en perfecto estado, a altura máxima que poden alcanzar e de 2.10m.






    En Malta: Ggantija, Hal-Saflieni
    Ggantija: complexo megalítico que consta de dous templos rodeados por unha muralla. Xunto a outros monumentos que teñen máis de 5m de lonxitude e pesan máis de 50 toneladas, foron costruidos con bloques de pedra caliza e cada templo ten 5 ábsides (parte dunha igrexa situada na cabeceira) conectados con un corredor central.



    Hipogeo de Hal Saflieni: é o único templo subterráneo prehistórico coñecido, foi excavado en torno o 25000a.C. Tivo dúas funcións; a primeira foi a de santuario e a segunha en tempos prehistóricos foi a de necrópolis (cemiterio).






    lunes, 16 de enero de 2012

    Actividades económicas

    A pesca:
    Indica o volume da flota, a porcentaxe de exportación, os principais produtos de acuicultura, as pincipais lonxas da Mariña.
    - O volume da flota que posúe Galicia e case do 40% dos barcos españois,
    - O porcentaxe de exportación ao resto de España e o 75% e o 25% a outros paises
    - A acuicultura segue medrando pero con ela non medran os ingresos.
        *Algas: argazo real.
        *Bivalvos: ameixas, mexillóns, ostras entre outras.
        *Cefalópodos: polbo.
        *Peixes: destaca o rodaballo entre outros.
    As principais lonxas da Mariña son: a de Burela e Celeiro por esa orde.

    Explica a diferencia entre os tres tipos de caladoiros e define tres dos sistemas de pesca (un por cada caladoiro)
    Caladoiro: é un lugar onde os barcos de pesca deixan as redes no fondo ou a media altura (entre a superficie e o fondo) para capturar o peixe.
    A diferencia entre os caladoiros nacionais, pesqueiras comunitarias e pesqueiras internacionais é que os caladoiros nacionais e as pesqueiras internacionais empregan o cerco e as pesqueiras comunitarias non; os caladoiros nacionais e as pesqueiras comunitarias utilizan o palangre de fondo mentres que as pesqueiras internacionais non; as pesqueiras internacionais e os caladoiros nacionais empregan o palangre de superficie e as pesqueiras comunitarias non.

    - O arrastre: consisten no emprego dunha rede que barre no fondo do mar capturando todo o que atopa o seu paso. Este arte de pesca non precisa estar pendente dos movementos dos peixes para capturalos.
    - Cerco: consiste en cercar o peixe orientando o banco de peixes hacia un lugar en concreto para logo cercalo.
    - Palangre de fondo: reposa sobre o fondo mariño, está formado por un elemento flotante que se sontén normalmente por un fio plástico que os lados colganse os anzois con diferentes medidas que varían según o tamaño da captura.

    Redacta nun máximo de dez liñas"a importancia da industria conserveira en Galica" de acordo cos datos da gráfica correspondentes.
    A industria conserveira en Galicia posúe case a metade dos establecementos de España. A facturación en Galicia é de máis do 967,02M€ e case o 80% da facturación total de España. A producción en España é de 311.197 mentres que en Galicia é de 248.958 polo tanto máis da metade do total. Galicia ten empregada a máis de 12000 persoas mentres que España só ten empregada a 15500 persoas aproximadamente.
    Conclusión Galicia ten menos densidade de poboación que España pero pese a eso ten a moitas máis persoas empregadas, produce máis e factura máis

     Sector Secundario:
    Redacta nun máximo de dez liñas a situación do sector en Galicia comparado co resto de España.
    O sector secundario en Galicia está formado pola construción e industria; nestes dous sectores podemos observar como traballan moitos mais homes que mulleres. Na industria o porcentaxe dos homes que traballan e do 22,5% e na construción e do 17% mentres que as mulleres que traballan na industria son só un 10,1% e na construción 1,7%.
    En España o porcentaxe de persoas que traballan na construción tanto homes coma mulleres é dun 8,8% e na industria correspondese o 7,2%.

     Sector Terciario:
    Observa como medrou o sector servizos en ocupación e como decreceu o sector da agricultura e a pesca, entre 1977 e 2010. Intenta xustificar de xeito claro estes cambios
    A agricultura e a pesca  foi descendendo dende o 1977 cun 44,9% ata 7,9% rexistrado en 2010.
    Na Industria  o descenso non foi tan notable en 1977  cun 17,7% con respecto a 2010 cun  15,6% .
    Na construción houbo un lixeiro aumento dende 1997 cun 8,9% a un 9,6% no 2010.
    O sector servizos foi aumentando considerablemente xa que en 1977 só había un 28.5% e en 2010 un  67%.