lunes, 16 de enero de 2012

Actividades económicas

A pesca:
Indica o volume da flota, a porcentaxe de exportación, os principais produtos de acuicultura, as pincipais lonxas da Mariña.
- O volume da flota que posúe Galicia e case do 40% dos barcos españois,
- O porcentaxe de exportación ao resto de España e o 75% e o 25% a outros paises
- A acuicultura segue medrando pero con ela non medran os ingresos.
    *Algas: argazo real.
    *Bivalvos: ameixas, mexillóns, ostras entre outras.
    *Cefalópodos: polbo.
    *Peixes: destaca o rodaballo entre outros.
As principais lonxas da Mariña son: a de Burela e Celeiro por esa orde.

Explica a diferencia entre os tres tipos de caladoiros e define tres dos sistemas de pesca (un por cada caladoiro)
Caladoiro: é un lugar onde os barcos de pesca deixan as redes no fondo ou a media altura (entre a superficie e o fondo) para capturar o peixe.
A diferencia entre os caladoiros nacionais, pesqueiras comunitarias e pesqueiras internacionais é que os caladoiros nacionais e as pesqueiras internacionais empregan o cerco e as pesqueiras comunitarias non; os caladoiros nacionais e as pesqueiras comunitarias utilizan o palangre de fondo mentres que as pesqueiras internacionais non; as pesqueiras internacionais e os caladoiros nacionais empregan o palangre de superficie e as pesqueiras comunitarias non.

- O arrastre: consisten no emprego dunha rede que barre no fondo do mar capturando todo o que atopa o seu paso. Este arte de pesca non precisa estar pendente dos movementos dos peixes para capturalos.
- Cerco: consiste en cercar o peixe orientando o banco de peixes hacia un lugar en concreto para logo cercalo.
- Palangre de fondo: reposa sobre o fondo mariño, está formado por un elemento flotante que se sontén normalmente por un fio plástico que os lados colganse os anzois con diferentes medidas que varían según o tamaño da captura.

Redacta nun máximo de dez liñas"a importancia da industria conserveira en Galica" de acordo cos datos da gráfica correspondentes.
A industria conserveira en Galicia posúe case a metade dos establecementos de España. A facturación en Galicia é de máis do 967,02M€ e case o 80% da facturación total de España. A producción en España é de 311.197 mentres que en Galicia é de 248.958 polo tanto máis da metade do total. Galicia ten empregada a máis de 12000 persoas mentres que España só ten empregada a 15500 persoas aproximadamente.
Conclusión Galicia ten menos densidade de poboación que España pero pese a eso ten a moitas máis persoas empregadas, produce máis e factura máis

 Sector Secundario:
Redacta nun máximo de dez liñas a situación do sector en Galicia comparado co resto de España.
O sector secundario en Galicia está formado pola construción e industria; nestes dous sectores podemos observar como traballan moitos mais homes que mulleres. Na industria o porcentaxe dos homes que traballan e do 22,5% e na construción e do 17% mentres que as mulleres que traballan na industria son só un 10,1% e na construción 1,7%.
En España o porcentaxe de persoas que traballan na construción tanto homes coma mulleres é dun 8,8% e na industria correspondese o 7,2%.

 Sector Terciario:
Observa como medrou o sector servizos en ocupación e como decreceu o sector da agricultura e a pesca, entre 1977 e 2010. Intenta xustificar de xeito claro estes cambios
A agricultura e a pesca  foi descendendo dende o 1977 cun 44,9% ata 7,9% rexistrado en 2010.
Na Industria  o descenso non foi tan notable en 1977  cun 17,7% con respecto a 2010 cun  15,6% .
Na construción houbo un lixeiro aumento dende 1997 cun 8,9% a un 9,6% no 2010.
O sector servizos foi aumentando considerablemente xa que en 1977 só había un 28.5% e en 2010 un  67%.

No hay comentarios:

Publicar un comentario