miércoles, 7 de diciembre de 2011

Demografía

1. Vai ó Atlas comarcal de Galicia, para traballar sobre dous dos temas que ofrece: poboación e movemento natural de poboación.


¿Qué pasa coa pirámide galega do 1998 ó 2009?
Homes na pirámide de 1998 e na  de 2009  seguen tendo a esperanza de vida, moito menor que a das mulleres xa que como se pode ver no cumio da pirámide hai moitas máis mulleres de 85 e máis anos ca homes mentras que na base nacen case o mesmo número de homes que mulleres.
Compara as pirámides da Mariña Occidental, Os Ancares e A Coruña para sacar conclusión:
 Mariña occidental
Na pirámide da mariña occidental os homes teñen a esperanza de vida, moito menor que a das mulleres xa que estas teñen a esperanza de vida moito mallor porque cando chegan os 85 anos  hai moitas máis mulleres  ca homes mentras que na base nacen case o mesmo número de homes que mulleres.

Os Ancares
 Nos ancares nacen poucos nenos e a poboación está moito mais envellecida tanto en homes coma en mulleres.

A Coruña
Hai moita xente nova e cando chegamos os 65-69 a poboación vai diminuído tanto nos homes coma nas mulleres ainda que son estas as que teñen unha esperanza de vida mais longa.

Compara o índice de envellecemento desas mesmas comarcas e saca conclusión:
Nos ancares hai moita máis poboación envellecida xa que a xente maior segue vivindo nas cidades e polo tanto na Coruña e na Mariña occidental o envellentamento e moito menor.

En movemento natural de poboacións. Fai o mesmo coas taxas de mortalidade e natalidade.

Mariña occidental:
  • Natalidade baixa a taxa bruta e de 5.8
  • Moratalidade alta a súa taxa bruta e de 11.5
Os ancares:
  • Natalidade moi baixa a taxa bruta e de 3.4
  • Mortalidade moi alta a taxa bruta e de 16.5


A Coruña:
  • Natalidade taxa bruta e de 7.4
  •  Mortalidade taxa bruta e de 8.8
Nos Ancares hai unha alta poboación envellencida, cousa que na Mariña Occidental e na Coruña non é tan elevada. Cabe destacar que a esperanza de vida é máis elevada nas mulleres ca nos homes (nos tres lugares). A natalidade na Coruña é algo máis elevada que na Mariña Occidental, nos Ancares é moi baixa.
No caso dos Ancares o índice de mortalidade é moi elevado, debido ao avellentamento da poboación producido polo éxodo rural (emigración normalmente de xente nova que deixan o campo para irse a cidade) e a natalidade é moi baixa polo mesmo motivo. Na mariña occidental a barra da mortalidade supera a da natalidade pero non dunha maneira tan esaxerada como o dos Ancares. Na Coruña, ao ser unha cidade das máis importantes e poboadas de Galicia o índice de natalidade e mortalidade estan prácticamente igualados, debido ao alto número de habitantes que posee e as infraestructuras que axudan a que esto sea así.

3.- Esta páxina do Atlas 2009,elaborado por Caixanova, presenta todas estas pirámides de poboación.
- Indica dúas diferencias entre a de España e a de Galicia
Na base da pirámide podemos apreciar que existen moitos máis nacementos en España que Galicia mentres que no cumio da pirámide e o revés hai moita máis xente maior (máis mulleres que homes) en Galicia en comparición coa piramide de España.
- O baby boom tivo lugar nos anos 60.
 ¿Qué idades teñen no 2009 os nacidos nesas datas? A idade que terán estas persoas abarcará dos 49 os 59.
¿Nótase o crecemento nas pirámides?
Nas idades que se corresponden cos anos 60 vemos que existe

- Sinala 5 diferencias entre as priámides provinciais.
Na Coruña e en Pontevedra nace moita máis xente en comparación a Lugo e Ourense; en Lugo e Ourense podemos observar que hai máis poboación envellecida (sobre todo mulleres) con respeto a Coruña e Ourense; na poboación de Coruña e Pontevedra a base da pirámide e ancha e vaise ensanchando a medida que nos diriximos o cumio mentres que na poboación de Lugo e Ourense a base da pirámide e estreita e vai medrando a medida que nos diriximos o cumio; na Coruña e Pontevedra hai moita máis xente de 30-34 anos que en Lugo e Ourense; en Lugo e Ourense hai moita máis xente entre 70-74 que na Coruña e Pontevedra.

4. Nesta imaxe e plano dunha parte da parroquia de Vilabade no Concello de Tordoia figuran unha serie de aldeas. ¿Que topónimos serían indicativos das distintas formas de poboamento?
  • Carballal: o nome desta parroquia ben dado porque moito antes este lugar estaba rodeado de carballos. 
  • Pedregais: esta parroquia recibe o nome de Pedragal porque antes de que a xente decidira vivir neste lugar o terreo estaba cuberto na súa maior parte de pedras.  
  • Tordoia: esta parroquia recibe o nome porque antes este lugar estaba recuberto de castineiros.
  • Vilar e Viladabad: esta parroquia recibiu este nome porque se atopa nunha fragmentación do espazo da aldea que eran as terras gañadas o bosque. 
  • Carballeira de Arriba: esta parroquia recibe este nome porque neste lugar había moitos carballos o mesmo que ocorreu co Carballal  (xa explicado anteriormente).
  • Castro: recibe este nome porque se atopa nun lugar onde anteriormente se atopaban os castros de orixe prerromano que perduraron ata a Idade Media e que podemos atopar con frecuencia na Península Ibérica e máis concretamente no noroeste xunto a cultura castrexa. 
  • Casal de Devesa: deuselle este nome porque se atopa nun lugar cun hábitat disperso o que quere dicir que; hai explotacións illadas formadas por poucas casas.