miércoles, 25 de abril de 2012

 Define: 
1. Irmandades: levantamento contra a opresión dos señores levada a cabo polos campesiños.

2. Irmandade fusquenlla:  conxunto de  campesiños do señorío Nuño Freire de Andrade que inician unha  revolta debido o maltrato que reciben do señor Andrade.

3. Cuadrigueiros. Alcades ou concelleiros que tomaban as decisións máis importantes no concello.

4. Vara de xustiza: autoridade concedida para as tarefas que realizan os irmandiños as cales consisten en controlar o país.

5. As causas e consecuencias das guerras irmandiñas.
Causas : foron tanto económicas probocadas pola presión señorial como políticas.
Consecuencias: esta guerra non tivo moitas consecuencias xa que non se tomaron represalias contra os vasalos que se revelaron xa que os principais lideres Vasco de Aponte e Felipe da Gándara non estaban dacordo.

miércoles, 11 de abril de 2012

Idade Media

- A romaría vikinga de Catoira

  • Obxectivo das expedicións: os piratas normandos do Norte dirixían a súa actividade ó saqueo e o roubo das terras ricas, o cal os levou no século IX a expedicións para conquistar Jakolsland, a Terra de Jacob, de onde se dicía que había inmensas riquezas en iglesias e mosteiros, como  o de Santiago de Compostola pero chocaban coa Torre de Oeste.
  • As torres do Oeste e o Castellum Honesti:  o primeiro é un xacemento composto polas ruínas dunhas torres de orixe romano que serviron para a defensa das terras de Santiago de Compostela dos ataques normandos na Alta e baixa Idade Media; o segundo foi construído por Alfonso III  para facerlles fronte os piratas normandos, os vinkingos do Norte e os sarracenos do norte de Africa. Atópase na desenbocadura do río Ulla e durante séculos esta fortaleza contuvo todos os ataque procedentes do mar que tiñan como fin atacar Compostela. 
  • A festa: esta romaría celébrase o primeiro domingo de cada mes de agosto nas rías baixas concretamente en Arousa, é unha festa profana que rememora o papel xogado por Catoira na defensa de Galicia fronte os ataques de piratas normandos na busca dun tesoura da Igrexa compostelana. De todas as que se celebran en Galicia está declara Festa de Interés Turístico Internacional. No xantar celébrase unha misa na Capela de Santiago nas Torres de Oeste na memoria dos defensores da fortaleza;rematada a misa celébrase unha comida campestre. A comida é acompañada por un grupo de gaiteiros.Pola noite encéndense as fogueiras nas almeas das Torres, como se facía antigamente para anunciar a presenza dos piratas.
Todos os anos é un dos acontecementos máis multitudianarios do calendario festivo galego. Os protagonistas van vestidos como na época coas súas armas,casco,vestidos e gritos de guerra. 
Tributos: 
  • Fonsadei: tributo que se pagaba para non ter que ir á guerra.
  • Censo: recuento de individuos que conforman unha poboación estadística definida como o conxunto de elementos sobre o que se realizan as observación. 
  • Alcabala: imposto indirecto que se cobraba aos territorios que pretencían a Coroa de Castela, e empregábase para grabar as transaccións económicas.
  • Herbático: tributo que na Coroa de Aragón se pagaba aos reis cando comezou o seu reinado, proporcional ás cabezas de gando.
  • Facendeira : servicios que unha persoa realizaba para beneficiar o rei ou o señor.
  • Portádego: imposto que se cobraba para permitirlle a alguén atraver os ríos en barca.
  • Martiniega: imposto máis antigo da Coroa de Castela que se pagaba o día de San Martín.
  • Xantar: alimentos que se lle entregaba o señor como tributo para que che permitise pasar por un lugar en concreto.
  • Luctuosa: tributo que se lle pagaba o señor polos bens dun vasalo que morrera na guerra.
  • Maquía: imposto que se tiña que pagar pola utilización dun muiño, un forno..
  • Gabela: imposto que unha persoa ten que pagar por utilizar un producto en xeral.
  • Osas: tributo que se tiña que pagar o señor para poder casarse.