lunes, 7 de mayo de 2012

Proceso do Mariscal Pardo de Cela

O proceso do Mariscal Pardo de Cela
   -Quen era: señor feudal nacido preto de Betanzos herdou as posesións familiares máis importantes do país. Casouse cunha filla do conde de Lemos, sobriña do bispo de Mondoñedo e curmá da futura raiña de Castela. Recibiu o nome de Mariscal pola axuda que prestara anteriormente na batalla de Olmedo.
   -As súas posesións:  herda do seu pai Juan Nuñez Pardo o título de conde, da súa nai Teresa Rodríguez unha comarca mindoniense, debido ao seu matrimonio con Isabel Castro é entregou importantes propiedades na diócesis mindoniense. Tamén obtén un cargo de delegado en representación do seu sogro o Conde de Lemos.
   -As causas da prisión e morte: apresado o 7 de decembro 1483 tras 3 anos de enfrotamentos contra os Reis Católicos, o Mariscal foi condeado a execución pública en Mondoñedo.
A esposa de Pardo de Cela, Dona Isabel de Castro asisitiu enseguida a unha audiencia coa súa curmá  a raiña Isabel, obtendo asi o indulto para os seu esposo. Cando regresaba a Mondoñedo pouco antes da execución do Mariscal, Dona Isabel foi recibida na entrada da Cidade polos vasalos do Bispo de Mondoñedo (Fadrique de Guzmán) que era un home moi ambicioso que sentía un odio mortal por Pardo de Cela xa que O Mariscal nunca había acatado as ordes que lle dictaba o poder eclesiástico. Así, o bispo traidor mandou entreter na Ponte do Pasatempo a muller do Marsical, mentres que apuraba a súa execución na plaza da catedral.
   -A visión actual:  o único que sabemos dos últimos meses do mariscal é grazas á chamada ¨relación da carta executoria¨. Unha relación atopada no pazo dos Taboi da que existen tres versións, dúas en galego e unha en castelán que se supón con toda seguridad que foi escrita por un familiar dos Saavedra aló polo 1515.

No hay comentarios:

Publicar un comentario