viernes, 10 de febrero de 2012

Achados no nosos entorno inmediato


4. ACHÁDOS NO NOSO ENTORNO INMEDIATO

Cazando Elefantes
Unha  señora de San Cibrao  descobre por casualidade unha pedra grande e afiada que se parecía os útiles primitivos de sílex (tipo de mineral) polo que avisou a un membro de Mariña Patrimonio ( agrupación cultural que defende o castro de Atalaia). Esta agrupación atopou nesa mesma zona  una docena de pezas con características parecidas. Estas pezas están expostas no museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba. Os utensilios eran  raederas, hendedores e bifaces, dicen que puideron ser talladas polo Homo heidelbergensis. Esta especie dedicábase a recolección e a caza e alimentábanse de restos de animais. Movíanse fuxindo do frio e buscando grupos de animais, auga e pedras cas cales poder fabricar utensilios; se tiñan todo o que necesitaban mantíñanse asentados.


Achados 12 útiles do Paleolítico  nunha terraza fluvial de Río Cobo
 Unha veciña de Cervo  atopa unha pedra  con características moi parecidas a outra pedra que atoparan en San Cibrao. Nesta zona foron localizadas 12 pezas  que poden ter unha antigüidade de 300.000 ano polo que se considera que é a presenza humana máis antiga da Mariña.

Encuentran en Cervo o único petroglifo do norte galego con forma xeométrica
Achado dun petroglifo en Cervo cunha gran importancia xa que é o único que ten una forma xeométrica canónica ( catro círculos concéntricos unidos por un trazo) polo que a Asociación Mariña Patrimonio comunica esta aparición a asociación Patrimonio Cultural da Xunta xa que na zona de Lugo son moi escasos. Este petroglifo é do mesmo tipo ca outros que ai en Reino Unido e Irlanda e dícese que pertence a Idade de Bronce. Están feitos normalmente de granito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario