sábado, 25 de febrero de 2012

Cultura Castrexa

Sintetiza os achados recentes do castro de San Cibrao.
Página 1:

ADEGA e Mariña Patrimonio conseguen que Patrimonio actúe por fin para protexer o xacemento arqueolóxica de Atalaia.
Dende que finalizaron as escavacións demandaron unha intervención no xacemento para evitar o deterioramento das estruturas. A demora da toma de decisións probocou un deterioro no aínda maior no deterioro. Pero a pesar da tardanza conseguiuse salvar esta importante construción.


 O patrimonio arqueolóxico da Mariña no 2º Congreso Internacional de Arqueloxía Vilalba.
En Vilalba contará coa presenza do patrimonio arqueolóxico a través das potencias que estudian diferentes tipos de xacementos.


Novos achados inferopaleolíticos na Área Cantábrica Lucense”.
Localizanse  en distintos puntos da Mariña como a enseada de Cegoñas – A Rega (Ribadeo); A Pampillosa en Foz e en Cervo os localizados na Senra, Trasbar , Viladesuso , Guioncho así como o destacado xacemento das terrazas do río Covo, onde se levan atopado máis de vinte útiles
Conferencia: “Os petróglifos. Gravuras rupestres ao aire libre” a cargo do arqueólogo Antonio de la Peña Santos.
 Os primeiros petróglifos que apareceron na Mariña lucense son os petróglifos do castro da Atalaia (San Cibrao- Cervo). Outros que hai na Mariña, son os do castro do Coído en Cervo, os do castro de Burela en Burela e os do castro de Rueta en Cervo.

ADEGA e MariñaPatrimonio denuncian ao Conselleiro de Cultura ante a Fiscalía polo Castro de Atalaia.

Estas organizacións presentaron unha denuncia contra o Conselleiro de Cultura e Turismo por non cumprir co seu compromiso de protexer o Castro de Atalia.  Por non protexer o xacemento produciuse unha degradación cando o Concello de Cervo concedeu unha licencia para a construción de dous edificios sobre este castro.Tras as denuncias de ADEGA e A Mariñapatrimonio paralizonse as obras, pero cando chegou a orde de paralización, a construtora Promociones San Ciprián xa destruira  unha das parcelas do xacemento. Logo produciuse a resolución na que a empresa construtora tiña que tapar novamente as parelas escavadas no Castro de Atalaia e apareceron importantes asentamentos galaico-romanos,  pero máis tarde producíronse dúas desgracias máis o derrubamento do muro dunha cabana e a caida duns taboleiros da obra paralizada  que causou graves danos sobre o restos arqueolóxicos. Despois produciuse a denuncia dos feitos pero as resolucións ditadas non se están a cumprir e o xacemento atópase en  grave perigo. 

Mariña Patrimonio entrevistase co director xeral de patrimonio para tratar sobre o castro da Atalaia. 

Faise unha reunión na que se protestou polo pouco coidado e o pouco que se preocupaban polo castro. O director xeral dixo:  "que a conservación dos restos é incompatible cos proxectos construtivos que se proxectaban para esa área. "  e  Mariñapatrimonio expresou o seu desacordo. 

 Página 2: 

- A excepcional  sauna castrexa castañoso a piques do derrube.

A Fonsagrada(Lugo) conta con numerosos xacementos arqueolóxicos, e entre eles 70 asentamentos.                                                                                                                                         O Castelón é un castro situado nun terreo cunha superficie irregular conformado polo rego do Val do Barreiro e o río das Covas. Este castro posuía unhas defensas que o convertía en case inexpugnable (dificil de entrar en el) e para máis seguridade construíronse foxos o redor do poboado e un torreón a entrada do mesmo. As características do terreo facían imposible vivir preto deste castro e o terreo chegou a tal punto que se fixo complicadísimo aceder o castro. D. Enrique López e D. José Argul atoparon unha sauna castrexa que se convertiría nun achado importantísimo. Este tipo de saunas tamén serían coñecidas co nome de monumentos con forno xa que son edificacións monumentais facilmente diferenciables do resto. Trátase de edificios con planta rectangular, distribuídos en tres salas: a antecámara, á cámara de vaporización e unha cabeceira en forma de ábside (parte da igrexa situada na cabeceira) onde se atopaban o forno de calor e están cubertas as dúas augas.  Só se coñecen 16 monumentos con forno. Pero sin lugar a dudas a sauna de Castelón e a mellor conservada.  

- Cultura só recoñece os danos efertuados por particulares en varios castros da Mariña.   

 Patrimonio obriga a retirar os eucaliptos plantados sobre as defensas do castro da Vela (Xove), pero non se pronuncia sobre a agresión do concello de Xove sobre o castro de Sumoas.                                                                                                                                                   O Servizo de Patrimonio Cultural de Consellaría de Cultura da Xuntas de Galicia recoñece os danos provocados por particulares en tres xacementos da Mariña: Castelo de Celeiro (Viveiro), Castro de Vela e xacementos de Pereirabos (Xove) pero non se pronuncia sobre os prexuizos exercidos polo concello de Xove sobre o Castro de Sumonas. Pero tras as denuncias presentadas por Mariñapatrimonio e ADEGA o servizo de patrimonio da xunta admite o mal estado no que se atopaban os tres castros.    

Logo dixo que se produciron escabacións da terra que danaron o Patrimonio. Pero só se preocuparon de subsanar os danos dos particulares que plantaron eucaliptos sen permiso nos castros de Foz e Xove.  Dúas mámoas foron danadas polo concello de Xove o depositar sen permiso varias toneladas de terra enriba delas.  ADEGA e Mariñapatrimonio presentaron as denuncias pertinentes. 




- ADEGA e Mariñapatrimonio conseguen que Patrimnio actúe porfín para protexer o xacemento arqueolóxico de Atalaia. 

Mariñapatrimonio  e ADEGA, asociacións volcadas dende o 2006 na defensa do xacementos arqueolóxico do castro da Atalaia por fin conseguiron que a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural adopte medidas para protexer as estruturas do castro. 

 - Petroglifos podomorfos nas Anzas (Ribadeo).                                                                                 Mariñapatrimonio informou o pasado  mes de xuño ao Servizo de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia sobre a existencia dun posible petróglifo podomorfo nas Anzas (Ribadeo) e trala inspección foi incluído no inventario de xacementos arqueolóxicos co nome de“As fádegas- as pisadas do Encanto”.

Este tipo de petróglifos son gravuras que representan a pegada do pé; aparecen nun pequeno número de penedos próximos á costa , especialmente na zona occidental da provincia de Pontevedra.  

Relacionado con este petróglifo hai un valioso patrimonio inmaterial. Segundo recolle a lenda, nunha gran rocha á beira do río habita un Encanto, unha moza fermosa e loira que deixou as pegadas dos seus pés na laxe do camiño. Polo San Xoán a moza aparéceselles aos que pasan por alí amosando a súa fermosura e mailos seus tesouros así como unha galiña coa súa rolada de pitos de ouro. A beleza da moza ou a cobiza do ouro, fai que a xente se achegue á rocha , o que provoca o seu encantamento , ficando para sempre no interior da rocha.

ADEGA e MariñaPatrimonio denuncian ao Conselleiro de Cultura ante a Fiscalía polo Castro de Atalaia.

A denuncia foi levada a cabo por Mariñapatrimonio por uns edificios que se ían realizar na Atalaia e mentres se estaba a preparar o terreo para a construcción derrubouse unha das parcelas do xacemento arqueolóxico. Tras pararse as obras dos edificios e deixar os xacementos tal e como estaban por causa das choivas e pola caída dunhos taboleiros derrumbouse unha das das paredes. Por estes incidentes o xacemento arqueolóxico atópase a piques de desaparecer por iso se denuncia  o Conselleiro de Cultura e Turismo por non protexelo antes.


Moutillós, enclave normando.
Fálase dun novo descubrimento no Vicedo, este non se trata dun castro como hai tantos polo litoral mariñán, senón que posiblemente se trate de algo  de maiores dimensións pois  poderíase estar a falar dun asentamento normando.Pídese unha investigación  para poder esclarecer a cronoloxía exacta deste asentamento, pois coincide a estructura dos xacementos,a súa localización e tamén a súa toponimia. Pola estructura que presenta e as partes das que consta(foxo, unha pequeña muralla externa e unha mota artificial no centro próxima ao cantil)xa non se estaría a falar da súa situación na Idade de Ferro.

Pagina 3:

Alucinante.

 Unha sauna castrexa subterránea no ameazado castro da Atalaia (Cervo)
Atópase un novo achado  arqueolóxico  cerca do castro de Atalaia( Finca de Dorita) unha sauna castrexa .Está formada por: unha forma rectangular, unas escaleiras de acceso, a cuberta de falsa bóveda, un forno,  existencia de túneles…
Esta sauna é a mellor conservada do país  e o forno sería o terceiro atopado en Galicia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario